A primeira mesa da xornada foi un espazo fondamente enriquecedor, cheo de aprendizaxes compartidas e de voces que se escoitaron con atención e cariño. Cada unha das poñentes achegou saberes, experiencia e, sobre todo, un compromiso firme coa dignificación do emprego do fogar e dos coidados.
As participantes non quedaron en silencio: preguntaron, debateron, contaron as súas vivencias. Foi un diálogo vivo, necesario, que nos lembrou a forza inmensa que aparece cando as mulleres migrantes nos xuntamos para nomear o que sentimos e reclamar o que merecemos.
Este encontro reafirmou algo que para nós é esencial: estes espazos son imprescindibles. Son lugares onde as traballadoras do fogar e dos coidados atopan información, apoio e unha voz propia que tantas veces lles foi negada.
Grazas de corazón a cada poñente polo seu tempo, pola súa entrega e pola xenerosidade de compartir saberes que fortalecen e acompañan a outras compañeiras que poden estar na mesma situación. Xuntas avanzamos, máis fortes, máis libres.



