A segunda mesa da xornada permitiunos afondar en catro aspectos fundamentais para a vida e o benestar das traballadoras do fogar e dos coidados.
En primeiro lugar, da man de Silvia Carrizo, abordamos a realidade da xubilación e as dificultades que moitas mulleres migrantes enfrentan ante esta problemática estrutural.
Foi un espazo de grande aprendizaxe, no que varias participantes entenderon mellor a súa situación e os retos para acceder a unha pensión digna.
A continuación, con Gabriela Frías, traballamos arredor da saúde mental. Destacouse a importancia de falar, liberar tensións, validar as emocións e recoñecer que o benestar emocional é un dereito que debemos coidar. Este diálogo abriu un espazo seguro e necesario.
Despois, con Sara Álvarez, compartimos un momento de reconexión e autocuidado. Un espazo para parar, respirar e recoñecer a loita diaria das mulleres migrantes, lembrándonos que o coidado propio tamén é parte da nosa resistencia.
Finalmente, con Dhali Illingworth, materializamos coa nosa propias mans a carga mental a través da costura e da creación dunha boneca desde cero. Un exercicio creativo que permitiu transformar emocións e vivencias nun obxecto simbólico, ofrecendo unha vía de expresión profunda e reparadora.
Expresamos o noso máis profundo agradecemento a cada profesional pola súa entrega e pola capacidade de ofrecer ferramentas que fortalecen ás compañeiras tanto no ámbito emocional como no colectivo



