TALLER DE ENTREVISTAS DE TRABAJO

El pasado 18 de Noviembre tuvimos un taller muy importante y útil sobre Entrevistas de Trabajo 
 
Este encontro forma parte do Itinerario de Inserción Laboral que desenvolvemos dentro do programa subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea – FSE+ Galicia 2021-2027, orientado a mellorar as oportunidades de acceso ao emprego das persoas migrantes na nosa comunidade.
 
No taller aprendimos ferramentas prácticas para afrontar unha entrevista con máis seguridade: como presentarnos, como ordenar as experiencias profesionais, que puntos destacar e que estratexias axudan a transmitir mellor as nosas capacidades. Foi un espazo participativo, con moitas preguntas e aprendizaxes compartidos. 
 
E como foi tan interesante… repetímolo!
Seguiremos con este ciclo durante os próximos 3 martes, para que máis compañeiras e compañeiros poidan fortalecer as súas habilidades e prepararse mellor para novas oportunidades laborais.
 
📍 Casa Solidaria – Rúa Velázquez 44, 1º – Ferrol
🕒 17:30 h
📩 Inscricións: info@mhumana.org
📞 881 932 069 / 698 130 998
 
Seguimos aprendendo colectivamente e abrindo camiños reais cara a autonomía e o acceso a dereitos. Agardámoste o próximo martes.
taller de entrevistas 1
taller de entrevistas 2

Deja un comentario

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad