Ayuntamiento de Ferrol 2023

Durante os meses de Marzo a Maio visitamos un total de 5 centros de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria do concello de Ferrol en 7 visitas diferentes a un total de 271 nenos e nenas, co fin de sensibilizar ó alumnado participante sobre as experiencias de vida das persoas en situación de mobilidade humana. Abordamos dende as viaxes migratorias e as diversas causas que as provocan ata as dificultades máis usuais que se atopan en destino. Sen embargo, sempre se fixo fincapé en abordar os aspectos positivos de sentir os beneficios da integración na cultura galega sen deixar de lado as emocións e os sentires implicados no proceso, no duelo migratorio e nos esforzos de integración en destino.
En cada visita iniciamos as actividades coa presentación da nosa entidade e do proxecto e cunha toma de contacto coa rapazada, tomando o pulso ós seus coñecementos sobre os conceptos de “migración”, “mobilidade humana”, “persoa retornada” ou “persoa refuxiada”. Tamén aproveitamos esta primeira parte da sesión para falar co alumnado e profesorado e coñecer se había nenos ou nenas migrantes presentes na aula ou coñecida no centro ou no entorno. Isto serviu na maioría dos casos como a mellor toma de contacto e para comezar boas conversas.