Desde a Asociación de Movilidad Humana queremos expresar o noso sincero agradecemento á Deputación da Coruña, en especial á área de Igualdade de Xénero, polo apoio recibido ao longo deste 2025 a través do Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de políticas de xénero (FOIO0B-2025).
Grazas a esta subvención foi posible realizar un investimento total de 1.816,25 €, do cal a Deputación da Coruña financiou o 80 % (1.453,00 €), permitindo mellorar os espazos da entidade e dotarnos de recursos que fortalecen o benestar, o coidado e a atención das mulleres migrantes e das súas familias.
Este apoio non é só económico: é un recoñecemento político e institucional ao traballo comunitario, feminista e interseccional que desenvolvemos día a día, e unha aposta clara por políticas públicas que poñen no centro a igualdade, os coidados e os dereitos das persoas.
Pechamos o ano agradecidas, reforzadas e comprometidas a seguir construíndo, xuntas, espazos máis xustos, dignos e libres de violencias.



