Seguimos creando espazos onde o importante é ser, sentir e compartir.
O noso grupo de mozas e mozos mantén un espazo amoroso, divertido e seguro, onde cada encontro é unha oportunidade para rir, aprender e acompañarnos.
Entre xogos, conversas e soños, seguimos tecendo comunidade e preparando novas actividades para facer visible o que somos: xuventude diversa, consciente e con ganas de transformar.