Xunta de Galicia 2023

Dentro da nosa estratexia de implantación das novas TIC entre o noso equipo técnico, voluntariado e persoas beneficiarias, puxemos en marcha o proxecto Realidade entre Culturas, como parte da iniciativa Xove 2023 e financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Despóis de gañar experiencia no uso da realidade virtual no ámbito da sensibilización sobre migración co público en xeral e, máis especificamente nos centros de ensino de Educación primaria e Secundaria do Concello de Ferrol, este proxecto dá un paso máis e leva a nosa actividade á área pediátrica do CHUF, nos nenos e nenas e as súas familias ingresados no noso centro hospitalario local.
Facendo dobre incidencia, tomamos a decisión de deixar que o noso voluntariado máis xove se encargase pola súa conta de decidir como poñer en marcha este proxecto, que contidos escoller para poñer en valor a súa cultura de orixe e costumes, e de que temas conversar coa mocidade que visitamos no hospital. Así implantamos unha nova metodoloxía que motiva dobremente ó noso voluntariado na participación cidaddá e nos seus esforzos pola integración na cultura galega ó tempo que sirve de sensibilizacióne información de primeira man á xuventude galega hospitalizada e ás súas familias con visitas didácticas e lúdicas, reconfortantes e agradables.