Cartel xuntas somos fortes 2026

Xuntas somos fortes, tecidas invencibles

En Movilidad Humana traballamos para que ningunha muller teña que afrontar soa unha situación de violencia ou vulnerabilidade. A través do proxecto «Xuntas somos fortes, tecidas invencibles», ofrecemos un espacio seguro de apoio, acompañamento e fortalecemento dirixido a mulleres migradas residentes en Ferrol e a súa área metropolitana, con especial atención a aquelas que se encontran ou se  encontraron en situación de violencia de xénero.

O noso obxetivo é favorecer a súa recuperación integral, promovendo o seu benestar emocional, a súa autonomía e a súa inclusión social, mediante unha atención personalizada e adaptada ás necesidades de cada muller e dos seus fillos e fillas, cando os haxa.

Servizos gratuitos

O proxecto ofrece, de xeito gratuito:

  • Información e orientación integral.
  • Acompañamento personalizado.
  • Mediación.
  • Obradoiros de autocuidado e empoderamento.
  • Asesoramento psicológxco.
  • Servizo de conciliación para facilitar a participación nas actividades.

Creemos na importancia de crear redes de apoio entre mulleres, xenerando espacios donde compartir experiencias, fortalecer capacidades e construir novas oportunidades para unha vida libre de violencia.

Financiación

Este proxecto está financiado pola Deputación de A Coruña, no marco do Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero 2026Línea EV-2: Tratamiento integral das persoas en situación de violencia de xénero.

Se desexas máis información ou necesitas apoio, podes poñerte en contacto co noso equipo:

Movilidad Humana
📞 881 932 069 | 698 130 998
✉️ info@mhumana.org

📍 Casa Solidaria de Ferrol, 1.º pis

 
 
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad