XUNTAS SOMOS FORTES, TECIDAS INVENCIBLES
- barreiras no acceso a recursos
- trámites complexos
- discriminación institucional
- exclusión social
O 19 de decembro desenvolveuse a xornada titulada “Violencia que percorre os nosos corpos”, enmarcada no proxecto XUNTAS SOMOS FORTES, TECIDAS INVENCIBLES – 2ª edición. Esta xornada estivo centrada en abordar temas relacionados coa violencia de xénero e outras violencias afíns, ofrecendo contidos útiles e significativos para as mulleres participantes do proxecto.
A actividade concibiuse como un espazo seguro, coidadoso e de confianza, no que se combinaron dinámicas vivenciais, reflexión colectiva e acompañamento profesional. Máis que unha xornada formativa ao uso, tratouse dun encontro vivencial, no que se priorizou o benestar emocional das participantes, o respecto polos ritmos individuais e a creación dun clima de apoio mutuo.
Talleres Munay Segura: espazos para crecer xuntas
Peche de ano | Agradecemento institucional

