2025
La Voz de Galicia
Movilidad Humana asiste a las mujeres migrantes las 24 horas del día
Cadena SER
El aumento de la población migrante; Rafael Leira (asociación vecinal del Ensanche), Soledad Lucero (Movilidad Humana) y Cristina Pereiro (Cáritas) en Ferrol
Radio fusión
O traballo en colectividade o instrumento idóneo para a integración da poboación migrante segundo a Coordinadora da Asociación Mobilidade Humana, Soledad Lucero Toapanta.

Soledad ve nas dificultades burocráticas o meirande problema para unha incorporación das «persoas en mobilidade” ás sociedades de acollida: «A Lei de Extranxería non axuda». En moitas ocasións a dificultade para realizar trámites tan sinxelos como un empadroamento pode facilitar situacións de abuso e discriminación.
Radio fusión
Soledad explicita claramente a invisibilidade da moitas persoas que están a traballar no campo dos coidados e das tarefas do fogar. Toapanta é unha das mulleres fundadoras de Mobilidade Humana, unha entidade que resposta á necesidade de apoio dos inmigrantes dende variadas perspectivas.
As investigacións sinalan que Europa retrocede en Dereitos Humanos. O aumento dos delitos de racismo e xenofobia é un dos datos máis salientables que pode tirarse do Informe sobre os Dereitos Fundamentais 2025 elaborado pola Unión Europea.
Isto cando sabemos que, en moitos casos, este tipo de delitos non chegan a denunciarse. Os datos do Ministerio do Interior recollen que os incidentes de odio en 2024 descenderon case un 14% en relación a 2023, unha situación que confronta á realidade.
Porque a vivencia das persoas migrantes é que a defensa dos seus dereitos é un proceso cheo de dificultades, os trámites administrativos poden chegar a ser un camiño ao calvario. Unha lexislación restritiva e a excesiva burocracia son o primeiro chanzo de rexeitamento. Acceder a un trámite tan sinxelo como o empadroamento pode ser inaccesible.
Cando a realidade é que a maioría de persoas migrantes toman a decisión de emigrar para mellorar as condicións de vida, tanto súas como da súa familia. Esta é a vivencia persoal de Cheik Fayé, un senegalés que chegou a Galicia hai uns anos escapando das malas condicións de vida no seu país e que plasmou a súa experiencia nun libro “Ser Madou Madou”.
A sociedade é plenamente consciente da necesidade da presencia dos migrantes. Son moitos os ámbitos nos que a súa contribución é imprescindible. Chegan ofrecendo as súas capacidades e saberes e atopan, en moitas ocasións, odio e exclusión social. Son necesarias políticas que detecten e atallen estas situacións.
Para algúns especialistas para loitar contra o racismo e a xenofobia é necesario traballar cun enfoque integral que combine prevención, sensibilización e xustiza para combater a exclusión e protexer ás vítimas. Para os propios protagonistas é a súa voz a que ten que escoitarse, son elas e eles os que teñen que poñer en valor o que son e a valiosa aportación ás súas sociedades de acollida.
Resulta imprescindible a actuación da propia comunidade. Os procesos comunitarios teñen a clave para dar unha resposta acaída a esta realidade xa instalada nas nosas sociedades.
Compartir saberes e vidas de residentes e migrantes ten que ser o camiño.
2024
La Voz de Galicia
Un servicio para atender cualquier caso de violencia hacia las mujeres y las 24 horas del día en Ferrol y comarca
TvFerrol
2023
Ferrol Diverso
FERROL360 | TikTok y realidad virtual para combatir el racismo en Ferrol desde la infancia y la juventud
2022
Red comunitaria de conciliación familiar
RADIO VOZ | La asociación Movilidad Humana presenta su programa para familias con menores y con necesidades de conciliación
LA VOZ DE GALICIA | Nuevo servicio de cuidadoras para familias en apuros de Ferrol
Programa de orientación laboral para mujeres migrantes
LA VOZ DE GALICIA | Talleres en Ferrol para aprender todos los recursos de la búsqueda de empleo
Medrando Xuntas
LA VOZ DE GALICIA | Movilidad Humana organiza dos cursos especiales
RADIO VOZ FERROL | Movilidad humana organiza Taller de Autocuidados y otro para reducir la brecha digital en personas migrantes
Jornada Mujeres Migrantes 2022
LA VOZ DE GALICIA | Ferrol acogerá una Jornada de Mujeres Migradas los días 21, 22 y 23 de julio
Rompiendo Muros, abriendo ventanas, conociendo personas
LA VOZ DE GALICIA | Ferrol acogerá una Jornada de Mujeres Migradas los días 21, 22 y 23 de julio
RADIO VOZ FERROL | La Asociación Movilidad Humana colabora con el Concello de Ferrol en una campaña de sensibilización sobre la diversidad
DIARIO DE FERROL | La propuesta de ejemplificar un viaje migratorio del país de origen al de acogida