Xuntas somos fortes, tecidas invencibles
En Movilidad Humana traballamos para que ningunha muller teña que afrontar soa unha situación de violencia ou vulnerabilidade. A través do proxecto «Xuntas somos fortes, tecidas invencibles», ofrecemos un espacio seguro de apoio, acompañamento e fortalecemento dirixido a mulleres migradas residentes en Ferrol e a súa área metropolitana, con especial atención a aquelas que se encontran ou se encontraron en situación de violencia de xénero.
O noso obxetivo é favorecer a súa recuperación integral, promovendo o seu benestar emocional, a súa autonomía e a súa inclusión social, mediante unha atención personalizada e adaptada ás necesidades de cada muller e dos seus fillos e fillas, cando os haxa.
Servizos gratuitos
O proxecto ofrece, de xeito gratuito:
- Información e orientación integral.
- Acompañamento personalizado.
- Mediación.
- Obradoiros de autocuidado e empoderamento.
- Asesoramento psicológxco.
- Servizo de conciliación para facilitar a participación nas actividades.
Creemos na importancia de crear redes de apoio entre mulleres, xenerando espacios donde compartir experiencias, fortalecer capacidades e construir novas oportunidades para unha vida libre de violencia.
Financiación
Este proxecto está financiado pola Deputación de A Coruña, no marco do Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero 2026, Línea EV-2: Tratamiento integral das persoas en situación de violencia de xénero.
Se desexas máis información ou necesitas apoio, podes poñerte en contacto co noso equipo:
Movilidad Humana
881 932 069 | 698 130 998
info@mhumana.org
Casa Solidaria de Ferrol, 1.º pis

