As múltiples violencias que sufrimos fixeron que nos especialicemos e que poñamos toda a enerxía en facer que o proxecto alcance a maior cantidade de axentes sociais, corpos de seguridade, organizacións, … e podamos entre todas e todos acuerpar, acompañar e protexer a moitas mulleres que se encontran en situacións de violencia:
- Violencias de Xénero
- Violencias Sexuais
- Trata
- Empleadas do fogar e os coidados invisibles, explotadas, violadas e sen voz
Fai uns días Teresa, unha muller que asesinaron en Porriño necesitaba estar acompañada e defendida, acuerpada!!
NON PODEMOS SEGUIR PERMITÍNDOO
Agradecemos a DIPUTACION PROVINCIAL LA CORUÑA polo seu apoio para permitir manter este programa!!
Desexamos que máis entidades públicas, colaboren co noso programa, é esencial. Necesario para prevenir, acuerpar e reparar.
Moito por facer!!!
Recorda: NON ESTÁS SOA !
