Cartel de concentración

CONCENTRACIÓN FRONTE Á ESCALADA DE VIOLENCIA RACISTA E ISLAMOFÓBICA DESATADA EN TORRE PACHECO

Condenamos con rabia, dor e fonda preocupación a violencia racista desatada en Torre Pacheco (Murcia), onde grupos fascistas de todo o Estado español teñen iniciado cacerías organizadas a través de Telegram contra mozos magrebís, avivadas por partidos políticos como Vox.
Non estamos diante de feitos illados, estamos diante dun pacto social de impunidade racista, sustentado por silencios institucionais, discursos mediáticos e estruturas coloniais que seguen a normalizar a violencia contra persoas migrantes, racializadas e musulmás.
 
O que está a ocorrer non é un conflito veciñal, é terrorismo neonazi:
  • É terrorismo cando se sinala, se acosa, se agrede e se persegue a persoas polo seu orixe, pola súa cor de pel ou pola súa relixión.
  • É terrorismo cando se crean grupos para “limpar” as rúas.
  • É terrorismo cando o medo se instala nos corpos racializados e a resposta institucional é a inacción ou o silencio.
  • É terrorismo cando se promove explicitamente o asasinato de persoas musulmás.
Este estalido non sae da nada. É o resultado de séculos de necropolíticas migratorias criminalizadoras.
É o resultado directo dun sistema historicamente racista, onde as persoas migrantes sosteñen o campo en condicións de explotación extrema, mentres son deshumanizadas nos discursos públicos, abandonadas polas institucións e perseguidas pola extrema dereita, coa expansión impune dos discursos de odio —especialmente entre a mocidade— que promoven o fascismo e lexitiman a agresión racista e, neste caso, islamófoba, como «autodefensa».
 
E dicímolo claro, todas as institucións son responsables.
  • As que calan.
  • As que negan.
  • As que só actúan cando poden mercantilizar e instrumentalizar as vidas.
  • Tamén a esquerda branca institucional e os colectivos sociais, que están a mirar para outro lado fronte ao terrorismo racista.
 
No Estado español, o racismo non é un erro do sistema: é o seu engrenaxe.
E fronte a el non abonda coa condena simbólica. Faltan accións concretas, protección real, reparación e escoita ás persoas que sofren estas violencias en primeira persoa.
 
Preguntámonos:
  • Onde están as voces dos partidos políticos que se autodeclaran como progresistas?
  • Onde están os colectivos sociais que se mobilizan por outras causas, pero calan fronte ao racismo?
  • Por qué segue sen recoñecerse publicamente que o racismo en España mata, encerra, empobrece, mutila e silencia?
A esquerda branca —en partidos, sindicatos e colectivos sociais— fracasou. Levan anos mirando para outro lado mentres se multiplicaban os discursos de odio, os desafiuzamentos racializados, os abusos policiais, as redadas, as fronteiras internas. E agora calan fronte á violencia fascista, como se a vida das persoas moras, negras, migrantes, valese menos.
Concentración 1
Concentración 4
Concentración 5
Concentración 7

Deja un comentario

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad